Hi-Sun, a toalla con altofalantes convertible en mochila

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Coa chegada do verán moitos son os que collen a súa toalla e largan correndo para a praia a tomar o sol, e para amenizar as horas que pasan a torrar a súa pel, é habitual escoitar a radio ou música, de aí que deseñasen Hi-Sun, unha toalla de algodón de 180 x 80 centímetros que pode converterse en mochila e que ten un departamento para unha almofada inchable que inclúe no seu interior un altofalante de 2 W cun conector de auriculares estándar (polo que funcionaría con multitude de reprodutores multimedia e móbiles) e unha batería recargable a través de USB.
Esta orixinal toalla convertible e multimedia está dispoñible en 4 cores (vermello, negro, azul e rosa) e o seu prezo oficial é de 59 euros, citando o seu fabricante como unha das tendas nas que está dispoñible para a súa venda o establecemento de La Base en Arteixo.

A Hi-Sun pode converterse en mochila, facilitando o seu transporte

PUBLICIDADE