Hitman: Absolution terá unha curiosa edición especial en Europa

xoves, 5 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Square Enix anunciou que en Europa imos poder gozar dunha nova edición limitada do xogo Hitman: Absolution chamada Deluxe Professional, que xa pode reservarse nas tendas e que inclúe, aparte do xogo, unha figura de vinilo de 25 centímetros de alto do Axente 47 caricaturizado, un libro de ilustracións, un DVD co making of do xogo, o acceso anticipado a 3 armas da Axencia con miras e silenciadores avanzados e o acceso a Hitman: Sniper Challenge.
O prezo desta nova edición especial de Hitman: Absolution será de 99,99 euros para Xbox 360 e PlayStation 3 e de 79,99 euros para PC, chegando ás tendas o mesmo día que a versión ordinaria do xogo, o 20 de novembro.


Anuncio televisivo de Hitman: Absolution que puido verse no Reino Unido durante a final da Eurocopa

Anuncio da edición Deluxe Professional de Hitman: Absolution

PUBLICIDADE