Hogwarts Legacy chega a Nintendo Switch

martes, 14 de novembro do 2023 Marcus Fernández

Tras o éxito de Hogwarts Legacy en PC, Xbox Series X|S, Xbox One, PlayStation 5 e PlayStation 4, o xogo que permite vivir aventuras na escola de maxia do universo de Harry Potter chega finalmente a Nintendo Switch, plataforma á que chega este xogo de rol de mundo aberto incorporando grandes limitacións a nivel técnico para poder correr na consola de Nintendo, que é o prezo a pagar para poder gozar da experiencia en mobilidade.
Hogwarts Legacy padece claramente un baixón gráfico e uns tempos de carga bastante longos, en contraste coas versións para consolas de nova xeración, pero para quen non veña destas versión pode que non sexa un problema.
Cómpre sinalar que, pese a chegar bastante despois do lanzamento inicial de Hogwarts Legacy, non estamos ante unha versión xogo do ano con todos os contidos adicionais, senón que o título normal sae á venda a 59,99 euros na súa edición normal e a 69,99 euros na súa edición de luxo que inclúe o lote descargable Artes Escuras que tamén pode adquirirse por separado a 19,99 euros.

Tráiler de lanzamento de Hogwarts Legacy para Nintendo Switch