Hogwarts Legacy convida a vivir aventuras no mundo máxico de Harry Potter
venres, 10 de febreiro do 2023
Por fin sae
oficialmente Hogwarts Legacy,
un dos xogos máis agardados dos últimos anos, por ser un tÃtulo ambientado no
universo de Harry Potter, que permite vivir a experiencia de ser alumno da
escola de Hogwarts tal e como aparece nos libros e pelÃculas desta franquÃa tan
enraizada entre a xente moza, de aà que claramente esteamos ante un éxito
instantáneo.
Este novo xogo de Portkey Games, Avalanche Software e Warner Bros. Games, chega
con versións para PC, PS5 e Xbox Series X|S (con previsión de ter pronto versións para PS4, Xbox One e Nintendo Switch), de
xeito que millóns de xogadores de todo o mundo poden achegarse a este tÃtulo
que se describe como un xogo de rol inmersivo de mundo aberto ambientado no século
XIX (ou sexa, antes dos feitos acontecidos na saga de Harry Potter) no que
encarnar a un alumno da famosa escola de maxia, para vivir asà toda unha
aventura neste atractivo mundo máxico.
Os inicios de Hogwarts Legacy resultan moi prometedores, con crÃticas
moi positivas da prensa especializada, unha boa recepción por parte dos
xogadores, e no caso da tenda dixital Steam, achegándose aos 700 mil xogadores
simultáneos.
Tráiler do xogo