Hogwarts Legacy supera os mil millóns de dólares
venres, 5 de maio do 2023
O xogo Hogwarts Legacy, de Portkey Games, Avalanche Software e Warner Bros. Games, chegou en
febreiro con versións para PC, Xbox Series X|S e PlayStation 5, e agora lanza
versións para PlayStation 4 e Xbox One, o que poderÃa mellorar este impresionante
éxito que xa vendeu máis de 15 millóns de unidades mundialmente e superou
os 1.000 millóns de dólares en vendas.
Con este volume de vendas de Hogwarts Legacy a Warner consegue a súa
quinta franquÃa de videoxogos en superar os mil millóns de dólares de
facturación, xunto con LEGO, DC, Mortal Kombat e Game of Thrones.
Até o momento Hogwarts Legacy é o xogo de máis éxito do presente ano, e a súa ampliación de plataformas pode axudar a que continúe asÃ, especialmente cando no mes de xullo está previsto que o xogo estree versión para Nintendo Switch.