Hollow Knight: Silksong custará 19,99 euros
luns, 1 de setembro do 2025
O estudio independente Team Cherry lanzou en 2017 o xogo Hollow Knight, un metroidvania financiado inicialmente a través de Kickstarter, que rematou converténdose nun rotundo éxito, superando os 15 millóns de copias vendidas entre as distintas plataformas nas que se comercializou, o que provocou que a súa secuela, Hollow Knight: Silksong, se convertese nun xogo moi agardado, que por fin chegará ao mercado tras 7 anos de desenvolvemento.
O estudio australiano responsable do xogo anunciou finalmente que Silksong chegará o xoves 4 de setembro ás 16:00 a un prezo de 19,99 euros, co xeneroso detalle de que os que adquirisen a primeira entrega a través de Kickstarter recibirán a secuela completamente de balde como agradecemento do Team Cherry polo seu apoio dende o primeiro momento.
O xogo colócanos na pel de Hornet, a cazadora letal que agora se atopa soa nun reino descoñecido, no que deberá enfrontarse a inimigos, buscar aliados e resolver misterios mentres ascenden nunha perigosa peregrinación cara ao cumio do reino. Haberá que dominar novos movementos, desencadear ataques devastadoras, aprender novas habilidades... para superar os desafÃos do reino presentado cun estilo gráfico artesanal e acompañado por unha banda sonora orquestral que ambienta marabillosamente este reino pantasma cheo de marabillas.
Tráiler de lanzamento do xogo
