Hollow Knight: Silksong é o Xogo do Ano 2025 en Steam
luns, 5 de xaneiro do 2026
O xogo Hollow Knight: Silksong do estudio australiano Team Cherry segue a facer historia, e non se conforma con ter un dos lanzamentos máis multitudinarios nas tendas dixitais de videoxogos e agora pode presumir de ser o Xogo do Ano nos Premios Steam 2025, polo que poderÃa considerarse como o tÃtulo preferido para os usuarios de PC, que consideraron que a súa xogabilidade de historia valéronlle tal recoñecemento xunto ao de Mellor Xogo DifÃcil.
Cómpre salientar que este tÃtulo mantén o seu pulo e interese, en boa medida porque está previsto que reciba unha expansión de balde en 2026 titulada Sea of Sorrow, o que para os entusiastas desta saga mantén moi vivo o xogo.
Outros gañadores
Os Premios Steam 2025 tamén destacaron outros tÃtulos como Clair Obscur: Expedition 33, que aÃnda que foi o grande vencedor dos The Game Awards, nesta ocasión tivo que conformarse ao premio á Mellor Banda Sonora.
Un dos grandes éxitos de 2025, ARC Raiders, fÃxose co premio á Xogabilidade Máis Innovadora, mentres que Silent Hill f veu recoñecido o seu Estilo Visual Excepcional, Peak destacou como un xogo que é Mellor Con Amigos, Hades II gañou o premio a Mellor Xogo en Steam Deck, o galardón Con Amor e Dedicación recaeu en Baldur’s Gate 3, o premio Senta E Reláxate foi para RV There Yet?, Dispatch destacou como Xogo Excepcional Con Boa Trama, e The Midnight Walk gañou na categorÃa de Mellor Xogo de Realidade Virtual.
