Home Hub e Pixel Slate, novos produtos de Google que non sabemos se chegarán a España
martes, 9 de outubro do 2018
Google
non quixo limitar o evento de presentación do seu novo smartphone estrela a un
único produto, e aproveitou a ocasión para amosar
máis hardware, como a tableta Pixel Slate e o novo Google Home Hub,
produtos que avanzan na liña que vén a seguir a compañÃa nos últimos anos, e
dos que polo momento é unha incógnita cando os veremos en España, pois nin
sequera está figuran en reserva na tenda en liña de Google.
A tableta Google
Pixel Slate é un produto orientado á produtividade, que funciona con Chrome
OS, integra o Asistente de Google e tamén permite correr aplicacións da tenda oficial
de Android, no que podemos entender que serÃa un
Pixelbook sen teclado (poden empregarse cunha funda-teclado e mesmo cun
lapis dixitalizador), pero en vista de que o portátil de Google con Chrome OS non
se comercializa en España, non serÃa de sorprender que a tableta que segue o
mesmo camiño tamén rematase como un produto inédito no noso territorio.
A Pixel Slate ten
unha pantalla de 12,3 polgadas cunha resolución de 3.000 x 2.000 pÃxeles,
cámaras traseira e frontal de 8 MpÃxeles cada unha, Wi-Fi AC, lector de pegadas
dixitais, 2 portos USB-C (para carga, saÃda de vÃdeo 4K ou transferencia de
datos rápidas), baterÃa cunha autonomÃa de até 10 horas e un amplo abano de
configuracións de procesador e memoria, que parten dun Intel Celeron con 4 GB
de RAM e 32 GB de almacenamento interno (a un prezo de 599 dólares) até un
Intel Core i7 de 8ª xeración con 16 GB de RAM e 256 GB de almacenamento interno
(a un prezo de 1.599 dólares).
VÃdeo de presentación da Google Pixel Slate
Outro produto interesante é o Google Home Hub,
que serÃa a versión tableta dos
altofalantes Google Home, ou sexa, unha tableta conectada a unha base e á que
podemos darlle ordes de voz, pero que ao presentar unha pantalla de 7 polgadas
permite máis posibilidades como ver vÃdeos, buscar en Google, ver fotografÃas, acceder
a cámaras de seguridade ou incluso consultar receitas mentres cociñamos.
Nesta liña a propia Google xa anunciara no verán o Lenovo
Smart Display, que véndese en tamaños de 8 e 10 polgadas, mentres que a
compañÃa de Mountain View optou por unhas máis compactas 7 polgadas, emulando
ao seu competidor máis directo, o Echo Show de Amazon.
Temos aquà un produto máis dentro da estratexia de fogar conectado que están a
seguir as grandes tecnolóxicas, pero polo momento a súa comercialización
limÃtase aos EE.UU. a un prezo de 149 dólares.
Adicionalmente tamén se confirmou a
renovación do Chromecast, de xeito que polo mesmo prezo hai agora unha versión actualizada,
cun acabado diferente, con mellor conectividade Wi-Fi e con algunha
actualización adicional como o xeito de poder combinarse con altofalantes
Google Home para reproducións musicais multiroom. Polo momento non hai data para a chegada deste novo modelo a España.
VÃdeo de presentación do Google Home Hub