Honor anuncia unha das tabletas máis delgadas do mercado
mércores, 25 de febreiro do 2026
De cara á celebración do MWC Barcelona a semana que vén xa hai fabricantes adiantando produtos que amosarán alÃ, como Honor, que entre os seus novos dispositivos contará coa tableta MagicPad 4, que busca chamar a atención co seu grosor de só 4,8 milÃmetros, mellorando incluso os 5,1 milÃmetros do iPad Pro ou da Samsung Galaxy Tab S11.
A nova tableta de Honor está equipada cunha pantalla OLED de 12,3 polgadas cunha velocidade de refresco de ata 165 Hz, procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 5, 12/16 GB de RAM, 256/512 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles, cámara frontal de 9 MpÃxeles, 8 altofalantes para achegar unha experiencia sonora envolvente, baterÃa de 10.100 mAh para ofrecer unha magnÃfica autonomÃa e cun peso de 450 gramos (moi próximo ao iPad Pro de 11 polgadas).
Falta agora por saber o prezo que terá e a súa data de lanzamento, que previsiblemente se desvelarán na conferencia de prensa que Honor celebrará o vindeiro domingo.
