Honor copia o iPhone Air mellorando os seus puntos máis febles
luns, 19 de xaneiro do 2026
O feito de que o iPhone Air sexa un dos grandes fracasos de Apple en 2025 non impide que os fabricantes chineses ousen seguir os seus pasos e incluso copien descaradamente o seu deseño, aÃnda que suplindo certas carencias, como é o caso do novo Honor Magic8 Pro Air, que vén de saÃr á venda en China.
O novo smartphone de Honor presume dun grosor de 6,1 milÃmetros e un peso de 155 gramos, un potente procesador MediaTek Dimensity 9500, pantalla OLED de 6,31 polgadas, cámara frontal de 50 MpÃxeles, Wi-Fi 7, NFC, resistencia IP69 e, como detalles que fan deixan en mal lugar a Apple estarÃa que conta cunha baterÃa de 5.500 mAh con carga de 80 watts por cable e 50 watts sen fÃos e na súa parte traseira está equipado cunha cámara traseira principal de 50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 50 MpÃxeles e un teleobxectivo periscópico de 64 MpÃxeles.
Temos como un deseño fino non impide ter unha boa capacidade de baterÃa e unha cámara traseira tripla, podendo adquirirse con 12/16 GB de RAM e entre 256 GB e 1 TB de almacenamento por un prezo de partida de 4.999 iuans (616 euros). Tamén cómpre salientar que o dispositivo véndese en catro cores (branco, negro, púrpura e laranxa), sendo especialmente rechamante esta última cor, por ser a que estreaba o iPhone 17 Pro Max, deixando asà claro que non agochan a súa intención de imitar a Apple.
