Honor presenta en Barcelona os seus móbiles máis innovadores
luns, 2 de marzo do 2026
Honor aproveitou o Mobile World Congress 2026 para ampliar a súa estratexia de Intelixencia Humana Aumentada (IHA) e acelerar o denominado Plan Alpha, cun foco especial na evolución do smartphone como dispositivo central da experiencia dixital. A compañÃa presentou un avance do chamado Robot Phone, unha proposta conceptual que explora a integración da intelixencia artificial co movemento e a percepción espacial, e deu a coñecer o novo Honor Magic V6, o seu encartable máis avanzado ata o momento.
O Robot Phone sitúase como unha liña experimental coa que Honor pretende investigar un novo paradigma de teléfono móbil baseado na chamada intelixencia corporal, isto é, dispositivos capaces de interactuar co contorno fÃsico e interpretar o espazo máis alá da pantalla. A marca enmarca esta iniciativa dentro dunha visión a longo prazo na que o hardware e o software evolucionan cara a sistemas máis autónomos, perceptivos e adaptados ao usuario.
Máis inmediata é a chegada do Honor Magic V6, que representa o cumio actual da súa enxeñarÃa en teléfonos encartables. O dispositivo presenta un perfil pechado de 8,75 milÃmetros, cunha arquitectura de bisagra reforzada e certificacións IP68 e IP69 de resistencia á auga e ao po. Honor combina neste modelo delgadeza estrutural e robustez, orientándoo a un uso intensivo e prolongado.
Un dos elementos diferenciais do Magic V6 é a baterÃa de silicio-carbono de quinta xeración, desenvolvida en colaboración con ATL. O terminal integra un 25 % de silicio no ánodo, unha cifra pioneira na industria segundo a compañÃa, que permite acadar unha capacidade de 6.660 mAh nun corpo ultrafino. Esta solución busca incrementar a densidade enerxética sen comprometer o deseño, nun segmento no que a autonomÃa adoita ser un dos principais retos técnicos.
En paralelo, Honor amosou no MWC unha nova xeración da súa Silicon-carbon Blade Battery, cun 32 % de contido en silicio e máis de 900 Wh/L, orientada a abrir a porta a encartables con baterÃas de ata 7.000 mAh no futuro.
O Magic V6 incorpora dous paneis LTPO 2.0: un exterior de 6,52 polgadas e outro interior de 7,95 polgadas unha vez despregado. Ambos ofrecen taxa de actualización adaptativa entre 1 e 120 Hz e picos de brillo de ata 6.000 e 5.000 nits, respectivamente, en contido HDR. A pantalla interna integra un cristal flexible ultrafino con certificación SGS Minimized Crease e, segundo a marca, reduce nun 44 % a profundidade da engurra respecto da xeración anterior. Complétase cun panel antirreflexos de nitruro de silicio, atenuación PWM de 4.320 Hz e función AI Defocus para mellorar o confort visual en usos prolongados.
O rendemento está sustentado polo procesador Snapdragon 8 Elite Gen 5, converténdose no primeiro encartable en incorporar esta plataforma segundo Honor. A iso engádese un sistema avanzado de refrixeración por cámara de vapor, pensado para manter un desempeño estable en xogos, multitarefa e cargas de traballo esixentes.
A compañÃa chinesa tamén subliñou as funcións de produtividade potenciadas por IA cando o dispositivo se utiliza coa pantalla despregada, asà como as ferramentas de colaboración entre ecosistemas, incluÃda a integración con contornas de Apple, co obxectivo de posicionar o Magic V6 como dispositivo complementario dentro dun ecosistema dixital máis amplo.
O Honor Magic V6 estará dispoñible en mercados seleccionados durante o segundo semestre do ano, aÃnda sen detalles concretos sobre prezos ou configuracións para cada rexión, aÃnda que podemos lembrar que a súa xeración anterior chegou a España a finais de agosto a un prezo de 1.999 euros.
O Honor Robot Phone preséntase como unha mestura entre un smartphone e unha cámara estabilizada como a DJI Osmo Pocket 3
