Honor presenta un smartphone con medidor de temperatura corporal

mércores, 3 de xuño do 2020 Marcus Fernández

A marca Honor ten un par de novos smartphones 5G no seu catálogo que, o Honor Play 4 e o Honor Play 4 Pro, que poderían resultar atractivos se non fose polo detalle de carecer dos servizos de Google por mor do bloqueo estadounidense a Huawei.
O modelo máis básico sería o Honor Play 4 5G, con pantalla IPS Full HD+ de 6,81 polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 Mpíxeles, cámara frontal de 16 Mpíxeles, 6/8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno e batería de 4.300 mAh con carga rápida de 22,5 watts, que sae á venda a un prezo de 1.799 iuans (225 euros) con 6 GB de RAM e 1.999 iuans (250 euros) con 8 GB de RAM.
Pero este smartphone está a verse claramente eclipsado polo Honor Play 4 Pro, que chega con pantalla Full HD+ de 6,57 polgadas, 8 GB de RAM , 128 GB de almacenamento interno, cámara traseira dual cun sensor principal de 40 Mpíxeles, cámara frontal dual cun sensor principal de 30 Mpíxeles, NFC, batería de 4.200 mAh con carga rápida de 40 watts e unha característica que nestes momentos chama poderosamente a atención: un sensor de temperatura corporal por infravermellos. O seu prezo de venda é de 2.899 iuans (363 euros).
Será curioso ver se outros fabricantes anímanse a seguir os pasos de Honor e presentan dispositivos con medidor de temperatura corporal aproveitando a demanda desta funcionalidade de cara a detectar a persoas que puidesen padecer enfermidades como a COVID-19.

JPEG - 58.9 KB
O Honor Play 4 Pro integra un medidor de temperatura corporal

PUBLICIDADE