Hora de Aventuras terá un novo videoxogo no outono
martes, 21 de abril do 2015
A serie de televisión Hora
de Aventuras da Cartoon Network continúa a ter grande éxito en todo o
mundo, de aà que non nos sorprenda que anuncien
que terá un novo videoxogo, Adventure
Time: Finn and Jake Investigations, que no mes de novembro chegará con
versións para PC, PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One, Wii U e Nintendo 3DS.
O estudio responsable deste tÃtulo está a ser Vicious Cycle Software e supón un
achegamento ao xénero das aventuras clásicas, que parece querer rexurdir, de
xeito teremos un xogo centrado na exploración, a investigación e a resolución de
quebracabezas no que, a través de distintos episodios poderase interactuar cos
personaxes máis coñecidos da serie de televisión que atoparemos en territorios
como Ooo, o Reino do Lume, Chuchelandia a Cidade dos Magos e o Castelo
Limoncio.
Como argumento teremos que os protagonistas, Finn e Jake, atopan o teletipo a través dos que os pais de
Jake recibÃan información de casos para resolver, e deciden retomar o traballo
de detectives dos proxenitores de Finn, quen aparte de investigar e resolver
misterios tamén será quen de solucionar algúns problemas mediante frenéticos
combates nos que poderá facer uso da súa espada, podendo asà facerse cun
abundante botÃn e coleccionables.
o máis destacable deste tÃtulo será que, en vez de contar coa aparencia en 2D
da serie televisiva, optan por unha aparencia tridimensional.
VÃdeo no que podemos ver como será o novo xogo de Hora de Aventuras