Horizon Worlds chegará a móbiles e á web

luns, 28 de agosto do 2023 Marcus Fernández

Os alicerces do Metaverso que quere facer realidade a compañía de Mark Zuckerbarg están na plataforma en liña Horizon Worlds, que até o momento era exclusiva dos cascos de realidade virtual Meta Quest, pero que finalmente van abrirse a máis usuarios e preparan a súa chegada a móbiles e á web, estando xa en funcionamento unha beta pechada da aplicación de Horizon Worlds para Android.
Esta plataforma virtual polo momento só está dispoñible en EE.UU., Canadá, Francia, Islandia, Irlanda, Reino Unido e España, e nos últimos meses abriuse a máis desenvolvedores para acoller moitas máis experiencias, polo que parece máis que probable que no evento Meta Connect do vindeiro 27 de setembro poidamos saber máis detalles tanto das novas posibilidades de Horizon Worlds como dos prazos nos que os móbiles e a web poderán acceder a este metaverso rudimentario con algunhas limitacións (non todo o contido estará dispoñible deste xeito, e en dispositivos con iOS polo momento o acceso limitaríase á versión web).

PUBLICIDADE