Hoxe chega ás tendas un dos grandes xogos exclusivos para PlayStation 4 da tempada, Horizon Zero Dawn, título desenvolvido por Guerrilla Games, no que é a súa primeira incursión nos xogos de acción de mundo aberto, e que sorprende por situar a acción nun mundo postapocalíptico no que a humanidade xa non é a especie dominante, senón que reinan o planeta unhas criaturas mecanizadas que parecen híbridos de animais e robots.
Pese a estar ambientado nun futuro hipotético, a ambientación semella prehistórica, xa que os restos da humanidade viven en tribos de cazadores recolledores dos que encarnaremos a Aloy, unha moza rexeitada ao nacer pola súa tribo, que descubrirá os máis profundos segredos do pasado antigo (de xeito que teremos un xogo de mundo aberto que non descoida a súa historia grazas ao misterio dos feitos que levaron a que as máquinas dominasen o mundo) e enfrontarase a tribos en guerra e ás temibles criaturas que a ameazan con destruír á humanidade.
Tráiler de lanzamento de Horizon Zero Dawn
