Horizon Zero Dawn terá versión para PC en agosto
venres, 3 de xullo do 2020
Hai algo máis de tres anos Horizon Zero Dawn chegou a
PlayStation 4 como un xogo exclusivo realmente impresionante, que converterÃase
nun dos grandes exemplos de aproveitamento da PS4. Pero este tÃtulo postapocalÃptico
no que a protagonista Aloy ten que enfrontarse a criaturas mecanizadas moi
variadas e desafiantes sorprendeu polo feito de que Sony permitise que
Guerrilla Games o levase a ordenadores persoais, feito que por fin xa ten data,
e será o vindeiro 7 de agosto canto a edición completa do xogo (ou sexa, coa
súa expansión) chegue
a Steam e á
Epic Game Store a un prezo de 49,99 euros (mentres que na PS4 pode adquirirse
por 19,99 euros xa que forma
parte dos PlayStation Hits).
A versión para PC de Horizon Zero Dawn chegará con novas
caracterÃsticas, como o soporte de pantallas ultrapanorámicas (pode funcionar
nunah pantalla 32:9 a unha resolución de 3.840 x 1.080 pÃxeles, aÃnda que as
cinemáticas manteranse nunha proporción de 16:9), melloras gráficas (reflexos
mellorados e movemento dinámico de follas), personalización gráfica, velocidade
de fotogramas desbloqueada, opcións de control e unha ferramenta de comparación
de datos, de xeito que os que conten cun equipo moi potente poderán gozar do
xogo cun nivel gráfico inédito, o que a primeira vista poderÃa parecer
contraproducente para Sony, pero se temos en conta que este tÃtulo terá secuela
para PlayStation 5 podemos estar basicamente ante un xeito de enganchar a novos
usuarios a unha experiencia que só poderán continuar se adquiren unha PS5.
Tráiler da versión para PC do xogo, no que enumeran as súas caracterÃsticas