Huawei estrea un router ao que podemos conectarnos usando NFC
luns, 25 de novembro do 2019
Acompañando
á tableta Huawei
MatePad Pro chega o Huawei
A2, un router Wi-Fi tribanda que non deberÃa ter problemas para
comercializarse pronto en Europa (por non depender de licenzas para a
utilización dos servizos de Google), e que chama poderosamente a atención por
incorporar NFC, de xeito que para conectarnos a el chega con que acheguemos o
noso smartphone compatible desbloqueado para que se comuniquen e asà non sexa
preciso inserir manualmente un complicado contrasinal de rede sen fÃos.
Este router con forma cilÃndrica funciona cun procesador a 1,4 GHz e 256 MB de
RAM, é compatible con até Wi-Fi AC, pode manexar un largo de banda de até 2.134
Mbps, integra 6 amplificadores de sinal independentes, mide 104 x 210
milÃmetros e pesa 580 gramos. Tamén conta cunha aplicación para poder
establecer limitacións de control parental (como bloqueos de acceso,
restricións de xogo/vÃdeo ou lÃmites de tempo) e inclúe medidas de seguridade
para evitar certos tipos de estafas en liña. Permite a súa xestión remota e a
creación de redes Wi-Fi para convidados. Pero unha das cousas máis salientables
deste produto tan completo é que o seu prezo
é de só 399 iuans (51,53 euros).