Huawei i-Mo: novo modem 3G con Wi-Fi
venres, 13 de febreiro do 2009
O fabricante de dispositivos
de comunicacións de datos en redes 3G lÃder a nivel mundial, Huawei, presentará
a vindeira semana en Barcelona o seu novo modem
i-Mo HSPA que combinará nun único dispositivo un modem USB
HSDPA/HSUPA, Wi-Fi e almacenamento en tarxetas microSD.
O dispositivo permitirÃa conectarse á Internet a velocidades de ata 7,2 Mbps (cunha velocidade de subida de ata
5,76 Mbps) conectándoo a un PC por USB ou incluso funciona coma punto de acceso
Wi-Fi, o que permitirÃa aproveitar este tipo de conexións á Rede para varios
equipos coma ordenadores portátiles, teléfonos móbiles intelixentes ou consolas de videoxogos, facilitando o uso da
Internet en case calquera parte.
Tamén pode operar coma memoria USB, utilizando como medio de almacenamento unha
tarxeta microSD, facendo que este trebello sexa aÃnda máis atractivo se cabe.
O Huawei E220 (popularmente coñecido por xaboneira)
serÃa o modem USB 3G máis vendido do mundo con máis de 9 millóns de unidades no
mercado e, pese a que saÃu en 2006, aÃnda está a ser comercializado por
distintas operadoras, e o Huawei i-Mo ten todas as bazas por converterse no
herdeiro deste grande éxito, polo seu deseño atractivo, o seu pequeno tamaño e
as súas impresionantes perstacións, aÃnda que haberá que agardar ao segundo trimestre do ano para velo no mercado.