Huawei preiterá contra os bloqueos impostos pola FCC

venres, 29 de novembro do 2019 Marcus Fernández

O conflito entre o Goberno dos EE.UU. e Huawei semella estar lonxe de solucionarse, e a intención da Comisión Federal de Comercio (FCC) de obrigar a que as infraestruturas de telecomunicacións subvencionadas para garantir o servizo universal empreguen hardware de compañías distintas a Huawei e ZTE provocou que o fabricante chinés se rebele, e prepare unha demanda xudicial contra tal decisión ilexítima da FCC. O fondo en cuestión move uns 8.500 millóns de dólares ao ano.
Que a FCC impoña que as compañías de telecomunicacións non poidan empregar equipamento de Huawei (e outros fabricantes chineses) baixo suposicións sen fundamento aseguran que podería ter efectos profundamente negativos nas telecomunicacións das zonas rurais e con pouca cobertura dos EE.UU., xa que as alternativas a Huawei teñen prezos bastante superiores, polo que as autoridades están a restrinxir as melloras tan necesarias nos servizos de telecomunicacións.
Dende Huawei insisten en que a interpretación da lexislación chinesa que dá a entender que o goberno chinés podería tomar o control de Huawei, poden supor un serio risco para a seguridade dos EE.UU., carece de fundamento, e están dispostos a levar este conflito aos tribunais.

PUBLICIDADE