Huawei presenta os novos Mate 30 e Mate 30 Pro baixo a sombra do bloqueo estadounidense
xoves, 19 de setembro do 2019
A
presentación dos novos smartphones de Huawei chegou con grande expectación, non
polo interese polo novo hardware, senón pola curiosidade do público por saber
como atallarÃan o bloqueo estadounidense aÃnda en vigor, e finalmente cumprÃronse
os malos presaxios, e os novos dispositivos non chegarán coas aplicacións de
Google nin a súa tenda de aplicacións, senón cunha versión personalizada de
Android 10 xunto á tenda de aplicacións propia de Huawei, aÃnda que confÃase
que cando os móbiles cheguen ás tendas inclúan un instalador dos servizos de
Google como fan moitos outros fabricantes chineses (de xeito que a responsabilidade
do uso destas aplicacións recae no usuario, de xeito que nin Google nin Huawei
violarÃan o embargo da Casa Branca).
AÃnda que o xeito no que se resolva a incorporación das aplicacións de Google
será crucial para a aceptación destes novos móbiles, no que ás súas prestacións
se refire podemos asegurar que estamos ante uns terminais chamados a liderar o
mercado, podendo situarse a carón dos novos iPhone e dos teléfonos insignia de
Samsung, tendo moitas bazas para chegar incluso a adiantalos en varios
apartados relativos ás súas cámaras, aÃnda que para iso haberá que agardar a que
cheguen ao mercado os dispositivos de Apple e Huawei, para que asà poidan someterse
a probas de uso reais.
Os móbiles presentados son basicamente o Huawei Mate 30 e o Mate 30 Pro,
existindo versións con e sen 5G de ambos, e tamén unha versión de luxo co selo
de Porsche Design que poderÃa considerarse unha simple anécdota (especialmente
se consideramos que queren vendelo a un prezo de 2.095 euros).
O teléfono máis modesto serÃa o Huawei Mate 30, cunha
pantalla OLED Full HD+ de 6,62 polgadas, procesador Kirin 990, 8 GB de RAM, 128
GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB), cámara
traseira tripla de 40, 16 e 8 MpÃxeles, cámara frontal de 24 MpÃxeles, baterÃa
de 4.200 mAh con carga rápida de 40 watts por cable e 27 watts por indución (e
coa posibilidade de ofrecer carga sen fÃos inversa), Wi-Fi 5, Bluetooth 5.1,
toma de auriculares, NFC, lector de pegadas en pantalla, sensor de xestos e un
prezo de venda de 799 euros.
Máis completo serÃa o Huawei Mate 30 Pro,
con pantalla OLED Full HD+ de 6,53 polgadas, procesador Kirin 990, 8 GB de RAM,
256 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB),
cámara traseira cuádrupla (con sensor grande angular e ultra grande angular de 40
MpÃxeles, telefoto de 8 MpÃxeles e un sensor de profundidade), cámara frontal
de 32 MpÃxeles, baterÃa de 4.500 mAh con carga rápida de 40 watts por cable e
27 watts mediante indución (que pode aproveitarse para cargar outros dispositivos),
Wi-Fi 5, Bluetooth 5.1, NFC, lector de pegadas en pantalla, sensor de xestos, resistencia
IP68, e un prezo 1.099 euros (o modelo con 5G custarÃa 100 euros máis).
Curiosamente este modelo prescinde do porto para auriculares.
Este serÃa o terminal que chamarÃa máis a atención, xa que, aparte dunha cámara
traseira cuádrupla integrada nunha forma circular que busca que a traseira do
teléfono semelle unha cámara fotográfica, tamén opta por unha pantalla con laterais
curvos (o que dan en chamar pantalla Horizon) cos que interactuar, de xeito que
prescinde dos habituais botóns fÃsicos de volume para simulalos con toques no
lateral do dispositivo (permitindo que o usuario decida cal dos lados empregar)
de xeito que o botón fÃsico que mantén serÃa o de acendido/apagado.
A cámara principal do Mate 30 Pro é todo un portento que definen como unha
cámara de cine de 40 MpÃxeles, capaz de gravar vÃdeos con pouca luz, realizar time-lapses
de longa duración e gravar vÃdeos en 4K a 60 imaxes por segundo, poder gozar de
zoom óptico de 3x (é até 30x con zoom dixital), o seu sensor de grande tamaño
permite disparar fotografÃas con pouca luz, inclúe un abraiante modo de cámara ultra
lenta de até 7.680 fotogramas por segundo que é incluso capaz de rexistrar o
movemento das ás dun colibrÃ; e incluso ten un sensor de profundidade, o que
facilita os efectos de desenfoque selectivo en fotografÃas e vÃdeo.
O Huawei Mate 30 Pro tamén actualiza o seu sistema de HDR+ baseado en
intelixencia artificial, que cada vez recolle mellores instantáneas; consegue autorretratos
máis fermosos grazas a un sensor de profundidade integrado na pestana superior
da pantalla (que permite reducir o impacto dos factores ambientais na imaxe);
permite axustar a súa sensibilidade até un ISO 51.200 en vÃdeo e de 409.600 en fotografÃa;
e grazas a un dos sensores integrados na súa pestana superior tamén permite un
control por xestos (que no pasado incluÃron con pouco éxito outros terminais).
Outro detalle interesante dos novos Mate 30 é que cun simple toque poden
vincularse co ordenador persoal dende o que veremos a pantalla do teléfono,
poderemos controlalo e intercambiar ficheiros dun xeito cómodo e áxil, de xeito
que consegue un maior nivel de colaboración entre dispositivos. Pero os
ordenadores non son os únicos dispositivos externos cos que se levan ben os
novos Mate 30, xa que tamén veñen configurados para poder traballar cos estabilizadores
DJI Osmo Pocket 3 sen ter que instalar software adicional, e dende Huawei tamén
destacaron a compatibilidade cos flashes
fotográficos de estudio Profoto C1 e C1 Plus (que fan máis doado disparar
instantáneas cun acabado profesional dende o móbil).
Na presentación dos novos dispositivos tamén resultou rechamante o feito de que
os dispositivos vaian estar dispoñibles en bastantes cores, das que que o verde
bosque e laranxa corresponderÃan a acabados en pel sintética, que curiosamente
definiron como «pel vegana».
En calquera caso, estamos ante uns móbiles sumamente atractivos, que como chave
do seu éxito terá un elemento que pouco ten que ver coa propia Huawei, e que é
a súa futura relación con servizos e aplicacións de empresas norteamericanas, e
a desconfianza que iso pode provocar no consumidor.
VÃdeo promocional dos novos móbiles de Huawei