Huawei presentará os Mate 30 o 19 de setembro
luns, 2 de setembro do 2019
- Un dos novos smartphones de Huawei nunha imaxe filtrada
As dúbidas sobre o futuro de Huawei seguen sobre a mesa, e
tras as informacións que apuntaban a que Google
non permitirÃa o uso da súa tenda de aplicacións nos futuros smartphones da
compañÃa chinesa até que se solucione o conflito cos EE.UU. (a licenza temporal
da que gozan actualmente só afecta aos produtos anteriores ao veto da Casa
Branca), chega Huawei anunciando que presentará os novos
Huawei Mate 30 o vindeiro 19 de setembro dende Munich (Alemaña).
Cómpre matizar que non só Google serÃa a compañÃa que terÃa que dar as costas
aos futuros Mate 30, senón que compañÃas como Microsoft, Facebook e Twitter
terÃan que facer igual, o que provocarÃa que as aplicacións móbiles máis
populares en Occidente non puidesen estar dispoñibles de serie nos novos dispositivos,
algo que é común e China.
Haberá que ver como solucionan este atranco, xa que resulta evidente que en
Europa un smartphone sen a tenda de Google Play, os mapas de Google, YouTube e
as principais plataformas de redes sociais non terÃa atractivo para o consumidor,
pese a que o Mate 30 Pro probablemente vexa equipado cunha das mellores cámaras
do mercado.