Huawei supera a Samsung en número de móbiles vendidos

venres, 31 de xullo do 2020 Marcus Fernández

O informe de Canalys sobre o mercado mundial de smartphones durante o segundo trimestre do ano confirma unha tendencia que pode resultar sorprendente, xa que o fabricante que lideraría o sector non sería outro que Huawei, que pese a nos mercados occidentais caeu estrepitosamente por mor do bloqueo estadounidense que impídelle vender modelos novos de móbiles cos servizos de Google preinstalados.
Esta posición de liderado por parte de Huawei podería considerarse accidental, xa que a COVID-19 provocou unha forte caída de vendas de móbiles a nivel mundial, crise que afectou especialmente ao líder dos últimos anos, Samsung, que apenas ten presenza no mercado chinés, que é precisamente o que está a recuperarse mellor ante a crise sanitaria global.
Durante o segundo trimestre do ano Huawei colocou no mercado 55,8 millóns de smartphones, o que supón unha caída interanual do 5%, caída lixeira que valeulle unha posición de liderado, mentres que Samsung, con 53,7 millóns de terminais e unha caída do 30% baixou a unha segunda posición, o que pode considerase un fito, aínda que parece bastante probable que para o vindeiro trimestre muden as tornas.
Se analizamos a situación do mercado dende o punto de vista de Huawei temos que durante o primeiro trimestre do ano pasado vendía o 51% da súa produción en China, e actualmente vende o 72%, ou sexa, que a súa saúde provén do seu mercado local. En números absolutos no último trimestre Huawei experimentou un incremento interanual do 8% en China, mentres que no resto do mundo caeu un 27%, moi preto do 30% de caída de Samsung, confirmando así que a fortaleza da compañía responde directamente á revitalización do mercado chinés.

PUBLICIDADE