Humble Bundle oferta numerosos xogos de Assassin’s Creed
martes, 3 de xaneiro do 2017
Agora
que está en carteleira o filme de Assassin’s
Creed protagonizado por Michael Fassbender e a franquÃa de videoxogos está en barbeito, resulta moi oportuno que dende Humble Bundle
lancen un lote de xogos do selo para achegar fondos a entidades benéficas
e, de paso, popularizar a tenda de aplicacións de Ubisoft (Uplay) que é na que
se ofrecerán os xogos (en vez de a través de Steam, a plataforma dominante no
sector de videoxogos para PC).
Os usuarios que acheguen a partires de 1 dólar poderán facerse co Assassin’s Creed orixinal e os tres
xogos de Assassin’s Creed Chronicles
(ambientados en China, India e Rusia respectivamente), mentres que as persoas
que paguen máis que a media (6,79 euros no momento de escribir estas liñas)
recibirán tamén a edición de luxo de Assassin’s
Creed II, Assassin’s Creed III
coa expansión Tyranny of King Washington:
The Infamy e Assassin’s Creed:
Liberation HD (remasterización do xogo lanzado inicialmente para PS Vita).
Pecharán este interesante lote de xogos os xogos Assassin’s Creed: La Hermandad e Assassin’s Creed: Unity, que estarán dispoñibles para quen pague a
partires de 15 dólares (14,44 euros). Deste xeito, calquera persoa que non se
achegara aÃnda a esta saga ten un xeito moi económico de poder gozar da
meirande parte das súas entregas, afondando asà no longo enfrontamento entre
Assassins e Templarios, que vai dende as Cruzadas en Terra Santa até a Guerra da
Independencia Estadounidense.
- O xogo Assassin’s Creed: La Hermandad queda limitado a quen pague a partires de 15 dólares