I Am Alive chega a Xbox Arcade

mércores, 7 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Un ano despois de que unha catástrofe planetaria rematase con case toda a humanidade, un home loita por sobrevivir nun mundo perigoso e inseguro. Vaga por unha cidade na procura da súa muller e a súa filla, desaparecidas hai tempo, trepando por ruínas de rañaceos e atopando recursos intactos, superviventes desconfiados, perigosas bandas armadas e vítimas que precisan axuda. Este é o argumento de I Am Alive, xogo de Ubisoft para Xbox 360 que chega hoxe como título descargable por 1.200 puntos (14,4 euros). O xogo contará con versión para PlayStation 3 e PC máis adiante.
Estamos ante un proxecto que leva bastantes anos fraguándose, e finalmente está aquí, demostrando que, aínda que está lonxe das expectativas iniciais que apuntaban a un épico xogo AAA, os xogos descargables poden ter unha calidade máis que aceptable. Podemos facernos unha idea de cómo é I Am Alive botando unha ollada ao seu trailer de lanzamento:

No xogo tamén haberá que enfrontarse con superviventes violentos

PUBLICIDADE