I-VOLUCE integra a detección de movementos nunha pantalla

venres, 18 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A tecnoloxía de detección de movementos sen mandos que achegou Kinect á Xbox 360 non só pode empregarse en videoxogos, senón que tamén serve para distintos usos coma o control multimedia ou mesmo para substituír ao rato informático, o que tamén entenderon dende I-VOLUCE, compañía que vén de integrar unha tecnoloxía de control por xestos a unha distancia de ata 4 metros nunha pantalla LCD Full HD de 46 polgadas.
A pantalla Evoluce conta co sistema operativo Windows 7 e milleiros de aplicacións () que controlar con xestos, e grazas ao software WIN&I 1.0 pode detectar os movementos das mans dos usuarios fronte a pantalla, que está xa á venda por 3.995 euros.
O mesmo fabricante tamén comercializa a pantalla Evoluce TWO, que cunhas dimensións tamén de 46 polgadas, cunha superficie multitáctil que pode detectar ata a 6 usuarios simultáneos, de xeito que podería instalarse como se dunha mesa se tratase, en oficinas, tendas, museos… vendéndose a un prezo de 4.995 euros.

O monitor Evoluce TWO, con pantalla multi-táctil, pode facer de mesa interactiva

PUBLICIDADE