IA Licita e Cargoffer chegan á final do premio estatal Impulsa Startup, co apoio da Cámara da Coruña
venres, 4 de abril do 2025
Dous proxectos galegos, impulsados pola Cámara da Coruña, participaron esta semana na final do programa estatal Impulsa Startup (Cámara de España), que conta con dúas fases que abranguen desde a maduración da idea de negocio ata a presentación a investidores. Trátase dos proxectos Cargoffer e máis IA Licita.
O proxecto Cargoffer, que resultou gañador na Demo Day (presentación de proxectos a investidores) organizada pola Cámara da Coruña no mes de febreiro, baséase nun marketplace loxÃstico terrestre onde as empresas publican as súas necesidades de transporte de mercadorÃas. A aplicación calcula os roteiros óptimos, restricións de circulación e paradas de reposición.
Pola súa banda, a firma IA Licita, que resultou gañadora na primeira fase do programa na Coruña, na que os emprendedores aprenden a desenvolver un produto viábel (MVP), é unha solución que proporciona informes de licitación pública combinando tecnoloxÃa de Intelixencia Artificial con enfoques adaptativos para satisfacer as necesidades especÃficas de cada segmento de cliente.
O programa Impulsa Startup deseñouse para a creación e aceleración de empresas emerxentes que contan cun alicerce tecnolóxico. Consta de dúas fases, a primeira, Crea e Crece, na que os emprendedores aprenden a desenvolver un MVP a través da formación e o asesoramento dos técnicos de Cámaras, e reciben mentoring con empresarios e emprendedores do tecido empresarial das Cámaras de Comercio. Na segunda fase, Despega, acompáñase ao emprendedor no proceso de escalar o seu modelo de negocio e presentalo ante potenciais investidores, grazas a titorÃas con técnicos de cámaras e mentoring con expertos en cada modelo de negocio, ata chegar á presentación do proxecto ante investidores profesionais.
A primeira edición da Xornada final do programa Impulsa Startup celebrouse en Madrid, ao longo de dous dÃas.
Impulsa Startup é un programa da Cámara de España co-financiado polo FSE no marco o Programa de Educación e Formación, Emprego e EconomÃa Social (2021 – 2027).