IBM consegue gardar 330 TB de datos nun cartucho de cinta
mércores, 2 de agosto do 2017
Dende IBM Research veñen de superar unha marca ao conseguir almacenar
nunha cinta 201 gigabits por polgadas cadrada, o que supón multiplicar por
20 a densidade das unidades de cinta comerciais, o que supón que nun cartucho
que colle na palma da man podemos ter 330 TB de datos sen comprimir (o
equivalente a 330 millóns de libros).
Habitualmente as unidades de cinta empréganse para almacenar grandes arquivos
de vÃdeo e copias de seguridade, e ao conseguir incrementar considerablemente a
súa densidade de almacenamento resultan moi atractivas para os seus usos
habituais, por conseguir un custo de almacenamento moi axustado.
VÃdeo no que dan conta das novas tecnoloxÃas de cinta desenvolvidas por IBM