IBM presenta un ordenador do tamaño dun gran de sal

luns, 19 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Hoxe comeza en Las Vegas o encontro Think 2018 organizado por IBM, no que o xigante azul amosa algúns dos seus grandes avances dirixidos a conducir a innovación nos vindeiros anos entre os que está a chamar a atención o que podería ser o ordenador máis cativo do mundo, que sería máis pequeno que un gran de sal e tería a potencia dun procesador x86 de 1990, o que non é unha capacidade abraiante, pero sería máis que abondo para labores de monitorización, análise, comunicación en incluso procesamento de datos que, grazas ao seu reducido tamaño e prezo reducido (comentan que a súa fabricación custaría menos de 10 céntimos) poderían integrarse en paquetes para rastrexar os seus desprazamentos e garantir a autenticidade dos produtos (para o que incluso traballarían en combinación con tecnoloxías blockchain). IBM confía en que estes diminutos procesadores poidan integrarse en obxectos de uso diario, e aínda que polo momento estamos ante prototipos, parecen estar bastante preto de converterse en produtos comerciais.

PUBLICIDADE