IGAPE e CEO explicaron os aspectos técnicos das axudas á dixitalización das nosas pemes

xoves, 29 de xuño do 2023 S. P.

Partindo da base da condición universal da dixitalización, necesaria para calquera peme que pretenda evolucionar e adaptarse aos tempos actuais tan cambiantes, tirando proveito dos procesos de transformación dixita e das súas moitas vantaxes, o IGAPE e a CEO organizaron este xoves 29 de xuño unha xornada para informar das axudas o instituto autonómico en materia de dixitalización e Industria 4.0. co fin último de “lograr a transformación industrial das empresas galegas gañando eficiencia e competitividade”.
A xornada estivo enmarcada na iniciativa Conecta Ourense, que difunde e fai chegar os apoios públicos ao maior número posíbel de empresas que os precisan e cos que poden ademais levar a cabo un proceso transformador de dixitalización e innovación que consolide a súa competitividade. As oficinas de Conecta Ourense da CEO prestan a asistencia necesaria ás empresas, sobre todo en contornas rurais, para que poidan solicitar e tramitar estas axudas.
No comezo da intervención Norberto Penedo salientou os eixes sobre os que xirará a Nova Axenda Industrial de Galicia 2025 que está configurada ao redor da dobre transformación dixital e sustentábel, os axentes habilitadores, o talento e liderado e a industrialización respectuosa co medio ambiente, abranguendo temas como a Intelixencia Artificial, a análise da información a gran escala (Big Data), a ciberseguridade, a 5G ou a Realidade Aumentada ou Virtual, entre outros.
Norberto Penedo fixo un repaso das axudas publicadas neste mes de xuño para a dixitalización Industria 4.0. que apoia a transformación dixital das pemes galegas. Lembrou que cun orzamento de 5 millóns de euros, a última convocatoria do programa Dixitalización Industria 4.0 establece axudas en réxime de concorrencia competitiva para desenvolver proxectos colectivos e individuais que busquen a implantación de solucións de interacción, sistemas de Intelixencia Artificial ou aqueles encamiñados á dixitalización de procesos. As axudas cobren o 35% dos investimentos materiais e inmateriais subvencionábeis para as pequenas empresas, e o 25% para as medianas, e nos dous casos o 50% dos custos de colaboracións externas. O gasto subvencionábel mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 euros para os individuais, e de 10.000 euros por participante no caso dos proxectos colectivos. Con esta liña, o goberno galego aspira a promover máis de 200 proxectos de dixitalización.
Neste apartado, Penedo destacou que “poden ser proxectos IGAPE e CEO explicaron os aspectos técnicos das axudas á dixitalización das nosas pemes

Neste apartado, Penedo destacou que “poden ser proxectos individuais ou colectivos destinados á implantación de solucións para o soporte dixital de procesos ou proxectos de interconexión dixital de procesos de dúas ou máis empresas; ademais de investimentos materiais e inmateriais (equipamento informático, software, colaboracións externas...)”. Penedo describiu a modalidade de proxectos colectivos e individuais que as empresas poden presentar a estas axudas, entre os que se atopan os casos de empresas que queiran implantar sistemas de Intelixencia Artificial, interconexión de elementos físicos e virtuais, dixitalización de procesos concretos, Big Data ou ciberseguridade, entre un amplo abano de opcións.
En canto á solicitude destas axudas, o directivo do IGAPE salientou a importancia de criterios de avaliación coma o descrición do proxecto e a súa adecuación, o tipo de solución e melloras esperadas, a adecuación dos investimentos e capacidade económica, ou o alcance do proxecto e o sector ou ámbito de actividade, ademais do seu emprazamento en concellos declarados como emprendedores.
Na queda das consultas interviu tamén Eladio Otero, subdirector de desenvolvemento de negocio da mesma área do IGAPE, ambos directivos resolveron as dúbidas dos asistentes en cuestións concretas relativas á xustificación das axuda.
individuais ou colectivos destinados á implantación de solucións para o soporte dixital de procesos ou proxectos de interconexión dixital de procesos de dúas ou máis empresas; ademais de investimentos materiais e inmateriais (equipamento informático, software, colaboracións externas...)”. Penedo describiu a modalidade de proxectos colectivos e individuais que as empresas poden presentar a estas axudas, entre os que se atopan os casos de empresas que queiran implantar sistemas de Intelixencia Artificial, interconexión de elementos físicos e virtuais, dixitalización de procesos concretos, Big Data ou ciberseguridade, entre un amplo abano de opcións.