ILY: unha nova proposta de teléfono para toda a familia
luns, 29 de xuño do 2015
Estamos afeitos a ver como os smartphones son xa unha
ferramenta de comunicación normalizada en case todos os ámbitos, pero segue a
existir unha carencia, o contorno familiar, onde un dispositivo tan persoal pode non encaixar todo o ben que
debera, de aà que xurda a idea de ILY, un
teléfono familiar con prestacións propias dun smartphone, pero pensado para
substituÃr ao teléfono fixo básico e sendo apto para usuarios de todas as
idades e que no que resta de mes pode reservarse a un prezo de 199 dólares (202
euros cos gastos de envÃo a España incluÃdos) e que recibirÃan os seus
compradores no outono, de xeito que terÃan asà un desconto do 33% no produto.
Con ILY os nenos poden conectar con calquera integrante da familia,
comunicándose tanto con outros dispositivos ILY coma con smartphones, tabletas
ou equipos informáticos que teñan instalada a aplicación de ILY, sendo posible
establecer conversas en vÃdeo, chamadas, mensaxes ou compartir outros contidos;
e no que se refire ao uso como teléfono, inclúe un terminal sen fÃos para as
chamadas, podendo conectarse a base do produto á liña telefónica tradicional,
de xeito que teriamos unha especie de smartphone fixo (aÃnda que tamén pode
empregarse sen ningún tipo de liña telefónica).
Estamos ante un dispositivo de 309 x 164 x 50 milÃmetros e 1,2 quilogramos de
peso, cunha pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768
pÃxeles, conectores RJ11 (liña telefónica) e RJ45 (cable de rede), Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.1 (facilitando que o ILY poida operar dun xeito semellante a un
mans libres do noso smartphone), altofalantes estéreo, micrófonos de alto
alcance, conector para auriculares RJ9, cámara e capacidades de VoIP
integradas.
Os responsables deste invento aseguran que con este produto buscan facer máis
doado que un proxenitor poida conversar cos seus pequerrechos cando está de
viaxe, que os avós o teñan máis doado para conversar cos seus netos (sen ter
que contar coa intermediación dos pais) e, simplemente, para facilitar a
comunicación entre persoais de entre 3 e 93 anos.
VÃdeo promocional de ILY