Identidadedixital.gal, unha nova ferramenta para orientarnos no mundo dixital
venres, 24 de novembro do 2017
A ConsellerÃa
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de facer públicas as
orientacións sobre Identidade Dixital
dirixidas ao profesorado e ás familias, para un coñecemento máis exhaustivo da
contorna dixital no ámbito educativo, resultado dun proxecto no que
participaron un grupo de persoas relevantes do mundo dixital galego que
responder a 57 preguntas concretas.
O material elaborado ao redor deste proxecto concretouse nun libro dixital bilingüe
que pode descargarse
de balde en formato PDF e unha serie de vÃdeos informativos (recollidos
nunha canle de YouTube) que abordan cuestións como os riscos da Rede, a
suplantación de identidade, as compras en liña por parte de menores ou incluso
a explicación de terminoloxÃas propias do contorno TIC como netiqueta, infoxicación
ou sexting. Todos estes contidos están recompilados nunha páxina web accesible a
través do dominio identidadedixital.gal.
A participación nos vÃdeos do proxecto Identidade
Dixital foi moi variada, de xeito que tanto podemos atopar docentes como profesionais
do sector TIC. Algúns casos serÃan a doutora en FiloloxÃa Inglesa Alba Alonso, a docente e
profesional do mundo da Informática Luz
Castro, o profesor da IE Business School Enrique
Dans, o presidente da asociación TADEGa Juan
José Fernández GarcÃa, o webmaster de Código Cero Marcus Fernández, o xornalista e
docente Luis Fraga, a enxeñeira
en Telecomunicacións Edita de
Lorenzo, o informático co-autor do libro Los Nativos Digitales No Existen Javier
Pedreira, o psicólogo Javier
GarcÃa, o avogado VÃctor Salgado
e o presidente do CPEIG Fernando Suárez,
entre outros.
Estes materiais foron presentados
esta mañá na sala Eisenman da Cidade da Cultura nun encontro con docentes
da Rede de Formación do Profesorado e con profesorado encargado de elaborar
contidos en materia de convivencia, no que tamén participaron o director xeral
de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; e o subdirector
xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Manuel
Vila.
Estas orientacións enmárcanse dentro da Estratexia Galega de
Convivencia 2015-2020 e súmanse a outros protocolos postos en marcha pola
ConsellerÃa de Educación como os de Protección de Datos Persoais, de Atención
Educativa Domiciliaria, de Urxencias Sanitarias, ou de Acoso e Ciberacoso.
Todos eles teñen como finalidade dar apoio aos centros, aos docentes e ás
familias con documentos e guÃas especÃficas.
- O director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participou na presentación de IdentidadeDixital.gal
Un dos vÃdeos pertencentes ao proxecto Identidade Dixital