Ideum presenta unha pantalla táctil 3D de 65 polgadas
martes, 17 de xaneiro do 2012
En non poucas pelÃculas e series de televisión podemos ver
enormes pantallas táctiles que impresionan de xeito doado á audiencia, e un
destes trebellos chegará ao mercado da man de Ideum, compañÃa que anuncia a súa
pantalla MT65
Presenter, que cunha diagonal de 65 polgadas presenta unha imaxe de 1.920 x
1.080 pÃxeles compatible con lentes 3D pasivas e pode detectar ata 32 puntos
táctiles de xeito simultáneo.
Amais, a pantalla integra un ordenador con procesador de 4 núcleos, 8 Gb de
RAM, 256 Gb de memoria sólida, gráfica GeForce GTX 460 e sistema
operativo Windows 7 Professional de 64 bits (terá versión con Linux en marzo).
Tamén conta con Wi-Fi, Bluetooth, Ethernet, altofalantes estéreos, webcam de
alta definición con óptica Carl Zeiss e entrada, saÃda HDMI e un resistente
marco de aluminio.
Temos asà unha excelente solución para a realización de presentacións públicas,
que tamén serÃa ideal para moitos centros educativos se non fose polo seu prezo
de venda ao público, que aÃnda é bastante elevado, xa que parte de 17.450
dólares (13.698 euros).