Ikea comercializa un altofalante con forma de gato lila
martes, 3 de febreiro do 2026
A colección Grejsimojs de Ikea é bastante curiosa, incluÃndo produtos como unha solución de almacenaxe con forma de gato ou unha lámpada de mesa conforma de can azul, e agora amplÃase cun altofalante Bluetooth portátil con forma de rato, deseñado para combinar xogo, música e funcionalidade no fogar. O dispositivo, dispoñible en cor lila por un prezo de 14,99 euros (IVE incluÃdo), está pensado como un complemento lúdico tanto para nenos como para adultos, cun enfoque claro na creatividade e na experiencia compartida.
O altofalante permite reproducir música e podcasts desde smartphones, ordenadores ou outros dispositivos compatibles con Bluetooth. Encaixa cun uso cotián no cuarto infantil ou en calquera espazo da casa, onde a música se converte nun estÃmulo para o movemento, o xogo e a socialización.
O dispositivo ofrece unha potencia total de 2 watts, cun único altofalante de rango completo de 1,6 polgadas e un rango de frecuencias que vai dos 150 aos 19.000 Hz. A autonomÃa alcanza ata 24 horas cun volume ao 50 %, e conta con protección IP44 fronte a salpicaduras. Incorpora unha función multi-altofalante que permite sincronizalo con outros dispositivos compatibles para reproducir música de maneira simultánea en varios puntos da casa.
As súas dimensións son compactas (8,6 centÃmetros de ancho, 13 de longo e 9 de alto), o que facilita o seu transporte (ao que tamén axuda a súa correa-rabo) e uso en diferentes espazos.
No momento de escribir estas liñas figura dispoñible en varios territorios europeos nos que ten presenza Ikea, pero aÃnda non está dispoñible na rede de tendas en España.
