Impoñen unha sanción de 10 millóns de euros a Facebook en Italia

luns, 10 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A Autoridade de Protección da Competencia e do Mercado de Italia (AGCM) fixo pública un par de sancións a Facebook cun valor total de 10 millóns de euros por considerar que violaron as normativas de Consumo. Por unha banda consideran ilícito que Facebook confunda aos usuarios cando se rexistran ao non informalos axeitadamente de que a súa información podería empregarse con fins comerciais; e por outra tamén permitiron sen o consentimento dos usuarios que terceiros puidesen recoller e transferir os seus datos para usos comerciais.
Estariamos ante a sanción máis elevada imposta a Facebook en Europa a partires do escándalo de Cambridge Analytica, que sería sobradamente superior á imposta recentemente no Reino Unido (que quedou en só 500.000 libras esterlinas).

PUBLICIDADE