Importante filtración de animación xaponesa que Ãa estrearse en Netflix
xoves, 8 de agosto do 2024
- Dandadan serÃa unha das grandes series afectadas pola filtración
Os seareiros das series de animación xaponesa están bastante preocupados pola última filtración que vén de producirse, afectando a distintas series que Ãan distribuÃrse internacionalmente a través de Netflix.
AÃnda que nos primeiros momentos parecÃa que a filtración limitábase a cabeceiros e outro material das series, segundo foron pasando as horas puido comprobarse como circulaban episodios enteiros de series sen estrear, o que pode ter un impacto moi negativo nos proxectos a longo prazo, xa que se non conseguen ter unha boa audiencia na súa estrea (porque moitos usuarios consumiron o contido anticipadamente) é difÃcil que se contraten novas tempadas, á vez que se prexudica aos espectadores que queren gozar do material en tempo e forma, que teñen agora que andar con moito tino para evitar spoilers.
A filtración incluirÃa polo momento todos os episodios da serie Terminator Zero, os 6 primeiros episodios da serie Dandadan (quedando aÃnda outros 6 episodios susceptibles a ver a luz en breve), o primeiro episodio da terceira tempada de Re:Zero, a primeira tempada completa do remake de Ranma ½ e a pelÃcula Mononoke: Phantom in the Rain.
Descoñécese a motivación desta filtración (que poderÃa ser consecuencia dunha chantaxe á que non quixo someterse Netflix), pero falamos dun problema moi serio para estas producións, que poden chegar a fracasar por culpa dun fallo de seguridade alleo a elas (xa que resulta evidente que a filtración produciuse no tellado de Netflix, compañÃa que aÃnda non realizou ningunha declaración pública ao respecto).
ACTUALIZACIÓN: O alcance da filtración de series de Netflix terÃa sido aÃnda peor do previsto, que unha das series máis importantes da plataforma, Arcane, pola que millóns de espectadores levan moito agardando pola súa segunda tempada, estarÃa afectada, de xeito que xa se atoparon na Rede os primeiros 5 episodios da nova tempada que terÃa que ver a luz en novembro.
AÃnda que a copia filtrada da serie teña pouca resolución e marcas de auga, de xeito que serÃa desagradable de ver, permite facerse unha idea do que acontece nos novos episodios, polo que os seareiros de Arcane terán que maximizar súa prudencia os vindeiros meses se queren evitar spoilers que lles estraguen detalles da tempada que dará peche á serie baseada nos personaxes de League of Legends.