Impresora fotográfica compacta de Canon que fala

xoves, 20 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Canon presentou 3 novas impresoras da familia Pixma e 1 da serie Selphy, destacando especialmente esta última impresora compacta fotográfica, a Canon Selphy ES40, que funciona cunha pantalla LCD de 3,5 polgadas, unha roda de desprazamento para moverse polos seus menús e un sistema de guía por voz, facilitando a impresión das nosas fotografías con instrucións orais paso a paso, de xeito que pódese prescindir do manual da impresora para tirar proveito da mesma.
Aínda non se coñece a data de lanzamento desta impresora, pero o seu prezo debería ser duns 149,99 dólares (105,27 euros).

PUBLICIDADE