Impresora fotográfica portátil para cámaras e móbiles
xoves, 5 de xuño do 2008
Zink leva tempo traballando
nun tipo de impresora fotográfica que finalmente sae á venda coma un produto
final que se venderá coma Polaroid
PoGo Instant Mobile Printer, que permitirá imprimir instantaneamente
fotografías de 5 x 7,5 centímetros pensando nun uso dende dispositivos móbiles,
xa que as impresións se poden facer directamente dende cámaras con
funcionalidade PictBridge ou dende móbiles por Bluetooth.
Esta impresora portátil mide 2,3 x 11,9 x 7,1 centímetros e pesa 227 gramos. Se
venderá por 150 dólares e imprimirá nunhas follas especiais que se venden a 10
dólares o paquete con 30 unidades, converténdose na versión moderna das vellas
cámaras Polaroid.
A Polaroid PoGo funciona
cunha batería recargable capaz de imprimir unhas 15 fotografías, e cada
impresión levaría 1 minuto e 35 segundos mediante PictBridge e preto
de 2 minutos mediante Bluetooth. Para evitar sustos, na web de Polaroid tamén
informan dos móbiles vendidos nos EE.UU. compatibles coa PoGo, aínda
que podemos adiantar que son case todos os que incorporan unha conexión Bluetooth
completa.
Anuncio da Polaroid PoGo