Inaugurado o Cumio REAIM na Coruña coa presenza da ministra de Defensa, Margarita Robles
mércores, 4 de febreiro do 2026
Este mércores 4 de febreiro inaugurouse en PALEXCO (A Coruña) o III Cumio REAIM (Responsible Artificial Intelligence in the Military Domain), foro internacional sobre o uso da intelixencia artificial no ámbito militar que reúne ata este venres 5 delegacións institucionais de máis de 40 paÃses, organismos multilaterais, representantes do sector tecnolóxico e institucións académicas, asà ata un milleiro de persoas expertas.
Foi inaugurado pola ministra de Defensa, Margarita Robles, que salientou o obxectivo clave do foro: o intercambio de ideas, retos e solucións ante o auxe e desenvolvemento da IA aplicada a todos os ámbitos, poñendo o foco nas Forzas Armadas e o seu espazo funcional.
Na apertura das actividades tamén participaron, entre outros representantes institucionais, o delegado do Goberno da Xunta, Pedro Blanco, ou o presidente da Deputación da Coruña, ValentÃn González Formoso, quen subliñou que a celebración deste cumio internacional na Coruña non é casual, senón froito da consolidación de Galicia e, en particular, da provincia da Coruña como un territorio estratéxico na industria de defensa, na innovación tecnolóxica e na xeración de talento altamente cualificado.
O presidente provincial destacou a elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) como un recoñecemento a un ecosistema real e consolidado que combina coñecemento, capacidade tecnolóxica e compromiso para garantir un desenvolvemento da IA baixo control humano, seguridade xurÃdica e principios éticos sólidos.
Formoso puxo como exemplo a comarca de Ferrolterra, onde o investimento do Goberno de España no sector naval, con máis de 8.500 millóns de euros ligados a programas estratéxicos como a construción das fragatas F-110, a modernización das F-100 ou os proxectos de xemelgo dixital, está a marcar "un antes e un despois" tanto na capacidade defensiva do paÃs como na creación de emprego cualificado, na enxeñarÃa avanzada, na dixitalización, na ciberseguridade e na aplicación da intelixencia artificial
O presidente da Deputación defendeu que a inversión en defensa, cando se orienta desde a responsabilidade, non é só unha cuestión de seguridade, senón tamén unha panca de desenvolvemento territorial, creación de emprego e progreso económico.
