Inaúgurase o Programa de Atracción de Talento para as empresas galegas
luns, 23 de setembro do 2024
A compostelá Cidade da Cultura acollÃa na mañá de hoxe, luns 23 de setembro, a apertura da primeira das mesas de traballo do Programa de Atracción de Talento nas empresas galegas, que se celebrarán dende hoxe e até o vindeiro mércores. Ao acto inaugural asistÃan o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado.
Dicir que estas xornadas, nas que participarán os sectores metalmecánico, construción, agroalimentario, turÃstico, TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación) e loxÃstico, atópanse inseridas nas liñas de acción que está a promover a Xunta coa finalidade de coñecer as necesidades especÃficas de persoal do tecido produtivo galego, identificar as barreiras de acceso a man de obra (especialmente da estranxeira), e informar sobre as diferentes vÃas e recursos que ten en marcha a Administración autonómica para facilitar a incorporación ao mercado laboral da colectividade galega do exterior e de persoas estranxeiras. Asemade, búscanse detectar as carencias do catálogo de postos de difÃcil cobertura, coa idea de propoñer a súa actualización ao Goberno central.