Incidencia na telefonía de R (e outras operadoras do grupo)

martes, 30 de xuño do 2026 Marcus Fernández

Dende primeira hora da mañá os clientes de Orange e das operadoras do grupo MásMóvil (como é o caso da galega R) non poden realizar chamadas de voz, mentres que os servizos de datos funcionan sen problema, segundo rexistran numerosos usuarios en plataformas como Downdetector.
Este fallo non sería total, senón que tería unha incidencia xeográfica irregular se atendemos a comentarios dos propios usuarios das operadoras afectadas, e dende R xa recoñecen estar a traballar para resolver o problema «na maior brevidade posible».
Polo momento non se notificou o motivo da incidencia, pero as distintas operadoras afectadas aseguran ter detectado o problema e estar a solucionalo.

ACTUALIZACIÓN: A incidencia tería sido solucionada antes das 11:00 horas.