Incrementan a produción da SNES mini para evitar a expeculación
luns, 11 de setembro do 2017
O
29 de setembro sairá á venda a Nintendo Classic Mini: Super Nintendo
Entertainment System, máis coñecida como SNES mini, e dende
o seu anuncio espertouse unha febre retro
de usuarios querendo garantir a reserva da súa pequena consola nostálxica para
que non se repita o que aconteceu coa súa predecesora, a NES mini, que apenas
puido verse nas tendas, por terse esgotado rapidamente e cesar a súa produción
moi rápido pese a anunciarse que non era unha consola de edición limitada.
Pero a idea de que estas consolas provocan especulación molesta moito a
Nintendo, e o responsable da compañÃa nipoa nos EE.UU., Reggie
Fils-Aimé, declarou que «incrementaron drasticamente» a produción da nova
consola para evitar a revenda en eBay a prezos abusivos.
En calquera caso espérase que a SNES mini sexa unha das máquinas máis vendidas
no que resta de ano, pero cómpre lembrar que o seu prezo de venda oficial é de
79,99 euros, polo que non deberÃa pagarse moito máis para facerse cun destes
produtos que non só é un hardware interesante (por conservar a aparencia
externa da SNES orixinal, pero cun tamaño inferior) senón tamén polos 21 xogos
precargados que inclúe entre os que non faltan auténticos imprescindibles como Donkey Kong Country, Super Metroid, Super Mario Kart ou Super
Street Fighter II Turbo: Hyper Fighting.
