Indiana Jones y el Gran Círculo chegará a PS5 en abril
luns, 24 de marzo do 2025
O xogo Indiana Jones y el Gran Círculo chegou ao mercado como unha das grandes apostas de Microsoft, con versións para Xbox Series X|S e PC, estando tamén dispoñible no Game Pass, pero meses antes do seu lanzamento xa adiantaron que este título estaría dispoñible para PlayStation 5 en primavera de 2025, e por fin sabemos a data concreta deste agardado lanzamento: o 17 de abril.
Esta grande aventura que nos leva dende os salóns do Vaticano até as pirámides de Exipto, pasando polos cumio nevados do Himalaia e os tempos afundidos de Sukhothai pasará a estar dispoñible para a consola de Sony, podendo xa reservarse a un prezo de 79,99 euros na súa edición estándar ou a 109,99 euros na edición Premium que inclúe 2 días de acceso anticipado, a expansión A Orde dos Xigantes e varios contidos adicionais.
Estamos ante un xogo que na súa versión para PC ten unha puntuación de 87 en Metecritic e de 86 en Xbox Series X|S, polo que chegará a PlayStation 5 cunha sona tal que garante unha boa recepción por parte de xogadores en xeral, e seareiros de Indiana Jones en particular.
Vídeo no que anuncian a data de lanzamento do xogo para PS5