Infinite Reality compra Napster por 207 millóns de dólares
martes, 25 de marzo do 2025
En 1999 Napster revolucionou a industria musical coa súa tecnoloxÃa de intercambio de arquivos, iniciando tanto unha guerra pola música en formato dixital como entre plataformas P2P, polo que pronto se converteu nun servizo irrelevante. Despois diso transformouse nunha tenda dixital de música e, máis adiante, nun servizo de música en streaming como tantos outros, sen conseguir consolidarse a longo prazo como un xigante do sector pese á súa valiosa marca.
Agora, a empresa especializada en tecnoloxÃas inmersivas Infinite Reality, anuncia ter asinado un acordo para adquirir a icónica marca de música en liña Napster por 207 millóns de dólares, co intención de transformar Napster máis alá da transmisión en liña, converténdoo nunha plataforma social e interactiva de música, aproveitando a súa tecnoloxÃa inmersiva e a súa rede de seguidores dixitais.
Napster e Infinite Reality teñen a intención de ofrecer aos artistas as ferramentas para crear espazos virtuais 3D de marca onde os seareiros poidan gozar de concertos virtuais, festas de escoita social e outras experiencias inmersivas e comunitarias; vender produtos tanto fÃsicos como virtuais, contido dixital exclusivo e entradas para eventos; ofrecer a marcas patrocinios innovadores que conecten con millóns de consumidores mozos; e outras posibilidades do que o director xeral de Infinite Reality asegura que será «a plataforma musical definitiva», algo que só o tempo dirá.