Influencers galegos inauguran a tempada de visitas en CLESA
xoves, 31 de agosto do 2023
A
iougurtería galega CLESA, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN
e con sede no municipio pontevedrés de Caldas de Reis, reabriu as
súas portas na volta ao cole con visitas para escolares e grupos. Ao
abeiro do inicio do ano académico, a empresa puxo en marcha neste
curso escolar unha nova edición do programa O tour do iogur.
Para inaugurar a tempada de visitas, este mércores visitaron a
planta catro recoñecidos influencers galegos, Alvientooo,
Ana e Marcos de La cocina es vida e Bea Sanfa. Achegóuselles
un percorrido didáctico que percorreu todos os elos da cadea de
produción da empresa: dende dende a chegada do leite directamente de
ganderías socias da cooperativa ata a elaboración e envasado. Foi
unha experiencia conducida por Amparo Porto, xefa de calidade da
planta.
Un
dos puntos estrela foi a cata de produtos dirixida polo equipo de
desenvolvemento de produto. Os iogures gregos de gran formato de
CLESA, o último lanzamento da marca, sorprenderon aos visitantes
pola súa calidade e a súa cremosidade.
O
tour do iogur é o nome que reciben as novas visitas a CLESA
dirixidas a colexios e grupos organizados. “É unha nova
experiencia moi entretida que conta con murais, con degustacións e
con actividades a proba de chefs”, informaron dende a
iogurtería, lembrando que a marca leva realizando visitas ás súas
plantas dende os seus orixes: “O coñecemento da transformación do
leite e a divulgación dunha alimentación saudábel, foi sempre un
compromiso da compañía”.
Para
este novo curso, xa está aberto o prazo para reservar as visitas.
Colexios e grupos organizados xa poden realizar as súas reservas
escribindo a visitas@clun.es ou chamando ao 600 79 43 68.
Celebraranse todos os xoves en horario de mañá, e é imprescindíbel
reservar.