Inforhouse, premiada polo Concello de Santiago polo seu traballo en RSE e conciliación

xoves, 21 de decembro do 2023 S. P.

A empresa tecnolóxica galega Inforhouse, con sede en Santiago, recibiu o pasado 14 de decembro, na súa cidade, un importante recoñecemento: o Premio á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030, outorgado polo Concello. Trátase dun certame que chegou este ano á súa segunda edición e a través do cal reivindícanse as accións de empresas da cidade de Santiago de Compostela en materia de Responsabilidade Social Empresarial, Conciliación e a Axenda Urbana 2030.
Neste caso, Inforhouse foi premiada polas boas prácticas aliñadas coa Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela e os ODS da Axenda 2030, sendo clave para a decisión do xurado, a repercusión de devanditas prácticas e accións do día a día, nos aspectos claves da Axenda e do Desenvolvemento Sustentábel.

PUBLICIDADE