Informática da Coruña acolle esta semana actividades de divulgación sobre Linux
luns, 12 de novembro do 2007
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) vai levar a cabo esta semana na Facultade de Informática da Coruña diferentes actividades de divulgación sobre software libre. As accións, que van encamiñadas a fornecer ós estudantes dunha formación mÃnima sobre que representan e que vantaxes teñen os programas de fonte aberta, desenvolveranse entre este martes 13 e o xoves 15, en horario de 10.30 a 12.30 horas e de 17.30 a 19.30 horas. As sesións estrutúranse en tres bloques temáticos. O martes será a quenda do contorno e a historia do software libre, o mércores de GNU/Linux na Facultade e o xoves do GNU/Linux no fogar.