Instagram clona a función Duo de TikTok

mércores, 31 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Dende Instagram non teñen pudor á hora de copiar as prestacións doutras aplicacións sociais, e non conformes con imitar a TikTok con Reels, agora estrean oficialmente neste formato de publicación a funcionalidade Remix, que permite realizar reaccións a outros vídeos que poden verse en paralelo, ou sexa, unha copia descarada dos Duos de TikTok.
Con Remix é posible coller correr unha publicación de Reels e gravar outro vídeo en paralelo (coa pantalla divida en dúas partes) ou incluso cargar un contido pregramado, sendo posible tamén controlar o volume, de xeito que pódese manter o son orixinal ou falar sobre el.
O formato leva bastantes semanas en probas, e agora chega a todos os usuarios de Instagram en xeral.

PUBLICIDADE