Instagram comeza a incluír letras de cancións co seu adhesivo musical

xoves, 6 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Nos últimos meses TikTok está a converterse nun serio rival para Instagram, e un dos xeitos que a plataforma social de Facebook está a reaccionar é apostando pola música, e nesta mesma liña está a enriquecer o seu adhesivo de música, que xa non só reproducirá fragmentos de numerosas cancións, senón que tamén está a incorporar a posibilidade de que estes temas incorporen ás historias fragmentos das letras das cancións, que poden presentarse de diferentes xeitos, polo que temos unha especie de combinación entre un karaoke e un vídeo musical con letras.
As letras das cancións animan ao espectador a cantar e converten os vídeos con música nun elemento máis divertido e dinámico, polo que poderiamos estar ante unha desas novidades das historias de Instagram que resultan chave a longo prazo para manter o pulo desta plataforma social coa que cada vez resulta máis difícil competir.

PUBLICIDADE