Instagram deixa de tirar da manta

luns, 11 de novembro do 2024 Marcus Fernández

O máximo responsable de Instagram, Adam Mosseri, respondendo a preguntas dos usuarios, comentou que a última novidade da súa plataforma social puido pasar desapercibida, pero supón unha importante mellora ao eliminar unha das meirandes frustracións da aplicación de Instagram.
Falamos da eliminación da función que internamente coñecen como rug pull (tirar da manta en inglés) e que consiste no comportamento da aplicación de recarga os contidos cada vez que abrimos a aplicación, facendo que en moitas ocasións resulte moi frustrante para os usuarios, xa que o contido que aparece inicialmente (que pode interesarnos) muda de súpeto e vese substituídos por outros contidos sen que o vídeo que nos interesaba reapareza na cronoloxía.
Mosseri asegura que agora a primeira fotografía ou vídeo que aparece na aplicación de Instagram cando a abrimos permanecerá até que despracemos a pantalla, polo que xa non desaparecerá automaticamente, evitando o malestar dos usuarios interesados neses contido inicial.