Instagram e Threads deixarán de recomendar contidos polÃticos
venres, 9 de febreiro do 2024
Nos Estados Unidos están a achegarse as eleccións presidenciais, e algunhas plataformas sociais prefiren actuar con certa responsabilidade para evitar caer nos mesmos erros que no pasado. Temos asà que Instagram e Threads anuncian hoxe que non recomendarán proactivamente contidos polÃticos, ou sexa, que os usuarios non verán contidos polÃticos de contas que non sigan activamente, deixando nas mans do usuario a exposición que queira ter ás mensaxes polÃticas.
Esta nova polÃtica aplÃcase aos espazos nos que o algoritmo de Instagram e Threads é o que amosar publicacións, Reels ou suxire contas, pero non afecta aos contidos das contas que os usuarios decidan seguir.
Deste xeito haberá usuarios que verán o seu alcance moi reducido, xa que cando publiquen contidos sobre leis, eleccións ou temas sociais limitarase a súa difusión aos seus seareiros, e non aparecerán recomendados para o resto de usuarios.
Se un usuario prefire ter unha maior exposición aos contidos relativos á polÃtica, pode personalizar a configuración de Instagram e Threads para non limitar este tipo de publicacións e historias.
Dende Meta teñen previsto ampliar esta nova polÃtica a Facebook no futuro.